EspañolGalego

O "Macrobloco" de Trópico.

cabecera_macrobloco2

Batuke Galego Plus (O "Macrobloco" de Trópico).

A consolidación da nosa Escola de Percusión afrobrasileira "Prucupá", fixo posible un dos nosos soños: formar un bloco de percusión de maiores dimensións que os que habitualmente interpretan os nosos espectáculos. Naceu así este proxecto co que é posible chegar a cotas de son e espectacularidade moito máis altas das alcanzables cos blocos máis pequenos.

O noso "macrobloco" consegue, aproveitando o maior número de músicos, chegar moito mellor ao equilibrio entre os diferentes rexistros sonoros, alén de que o show, xa de por si gaña en potencia e espectacularidade.

O Batuke Galego Plus de Trópico de Grelos pode marcar a diferencia nunhas festas, nun desfile ou en calquera evento.

 

    Video do espectáculo.

 

    Fotografías do espectáculo.